Os Eucaliptos atopan ouro e algo máis

Un estudo feito por científicos Australianos, nas follas de certas plantas pódense atopar xacementos de algúns materiais baixo a superficie terrestre, como o ouro.

Previamente xa observábase que as plantas absorbían certos elementos e os incorporasen o seu tecido biolóxico. A causa podía ser que, na busca de humidade en tempos de seca, as raíces introducíranse moi profundamente na terra, ata chegar en contacto co ouro. Desta maneira ao absorber auga e levala cara a superficie, leva consigo restos deste mineral (ouro).

O Eucalipto é unha árbore perfecta para estas investigacións, pois funciona como unha bomba de auga, con grandes raíces estendidas polo seu arredor. Cando sube a auga con outros elementos pola árbore, como o ouro pode ser tóxico, de ser así a árbore o acumula nas súas follas para poder desprenderse previamente del. Dando lugar a atopar ouro máis facilmente.

Como explica Mel Lintern, xeoquímico e coautor deste este estudio di “As follas pódense usar en combinación con outros ferramentas para facer unha exploración máis económica e ecolóxica”. Así poderiamos utilizar novas técnicas que poden atopar sedimentos de hasta 60 millóns de anos, aínda que hai máis utilidades que os investigadores encontran neste estudo, como utilizar os eucaliptos para encontrar outros metais como zinc e cobre.

 

Autor: Miguel Otero Paz

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta