APARECE E DESAPARECE

O pasado 24 de setembro do 2013, un gran terremoto de magnitude 7,7  na escala Richter sacudeu o oeste de Pakistán, provocando a morte de 350 personas e deixando a máis de 100.000 sin fogar.

No medio de este caos, surxiu unha nova illa no mar, a un kilómetro da costa da cidade de Gwadar.

Os investigadores creen que a illa, probablemente un «volcán de lodo», levantouse pouco despois do terremoto.

Antes

Agora

Os xeólogos din que este fenómeno é parte dun proceso continuo de desprazamento continental, ou do movemento de masa terrestre a través dos océanos que provocou o choque do subcontinente indio con Eurasia e creou as fallas xeolóxicas.

A illa encontrase a un kilómetro e medio da costa e estimaselle que mide uns 90 m de ancho e 20 m de alto.

E a todo isto súmaselle que esta illa ten escapes de gas metano altamente inflamable como se vai ver no vídeo.

É probable que a vida de esta illa sexa corta por que a bolsa subterránea de gas  enfriaráse ou escapará co tempo, facendo que a illa baixe de novo. As ondas, as tormentas e as mareas do mar de Arabia tamén levaránse as areas e o barro da illa. Estas illas  duran poucos meses ou un ano antes de afundirse outra vez no mar.


Autora: Andrea Pérez Cambeiro 4º A

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta