As correntes oceanicas detéñense

Un novo estudo realizado por Irina Marinov e Raffaele Bernadello descubreu que o cambio climático pode estar causando a detención da corrente do Océano Antártico. Isto faría que a corrente reduciría a captación de calor e CO2 procedente da actividade do ser humano, o que faría que se agravara máis o cambio climatico. O Océano Antártico absorbe aproximadamente o 60% da calor antropoxénica producida na Terra e do 40 ó 50% do dióxido de carbono antropoxénico.

Esto contribúe a que se acelere o desxeo da Antártida, o que fai que aumente a cantidade de auga doce no oceano. Ó aumentar a cantidade de auga doce as correntes séguense a ralentizar porque a auga doce non se afunde nos océanos o ser menos densa, e desta forma detense o aporte de auga salgada as correntes

En esta imaxe podese ver as zonas de desxeo na antartida e o ritmo o que este se produce.

Aplicaronse 36 modelos complexos de patróns climáticos para determinar o que podería pasar, e descubreuse que o proceso convectivo das correntes comezará a deterse debido ó aumento de agua doce. Sete dos modelos amosan que a convección deterase en 2030 e o resto que o fará o longo do seculo XXI.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta