HONGOS, REGULADORES DO CARBONO NO CHAN

Poden os hongos determinar o futuro do dióxido de carbono almacenado no chan? Según os científicos Colin Averill, da Universidade de Texas en Austin, Adrien Finzi da Universidade de Boston e Benjamin Turner, do Instituto Smithsoniano de Investigación Tropical (STRI) en Panamá, si. Totalmente ao contrario da crenza de que os bosques boreais son vertedeiros de carbono pola basura vexetal que alí se acumula.

Os hongos foron e son unha clave importante nas medicións e estimacións sobre a capacidade do chan para almacenar dióxido de carbono (CO2). Cando se fala do cambio climático, é habitual centrarse na cantidade de carbono que hay na atmosfera e na vexetación, pero a verdade é que o chan contén aínda máis carbono que o aire e as plantas xuntos.

O descubrimento desta investigación leva a situar aos hongos no primeiro plano da problematica do CO2 e isto conleva ao debate de cal será a maneira máis factible de aproveitar ao máximo a capacidade do chan para reter este gas do efecto invernadoiro.

En diversos estudios anteriores, chegouse á conclusión de que a degradación do chan, o clima e a productividade das plantas eran os reguladores máis importantes do contido de carbono no chan. Non obstante, o que Turner, Averill e Finzi descobreron, suxire que a bioloxía do chan exerce un papel moito máis importante aínda, pois algúns hongos simbióticos poden levar un 70% máis de carbono no chan por unidade de nitróxeno.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta