LAGOS BAIXO O XEO?

Por primeira vez, un equipo de investigadores do Instituto Scott de Investigación Polar (SPRI), da Universidade de Cambridge encontrou lagos baixo a capa de xeo de Groenlandia. Para isto empregaron medicións de radar feitas dende un avión para descubrindo así dous lagos subglaciares situados 800 metros por debaixo a capa de xeo, os cales miden entre 8 e 10km2.

Crese que estes lagos recén descubertos probablemente sexan alimentados polo derretemento das augas superficiais, que entran a través das gretas no xeo.

Algúns investigadores apuntan a que estes lagos quizais puideron ser anteriormente tres veces máis grandes que na actualidade. Isto débese a que en Groenlandia a capa de xeo é moi delgada, facendo que as temperaturas na base da capa de xeo sexan máis frías, polo que os lagos que puideron existir conxelaríanse rapidamente, non como na Antártida, onde a capa de xeo é máis grosa, impedindo a conxelación da auga atrapada baixo a superficie. A diferenza dos case 400 lagos subglaciales encontrados na Antártida, polo momento en Groenlandia só foron dous.

Estes lagos poden ter unha gran influencia na evolución da capa de xeo, afectando ao cambio no nivel do mar, xa que a forma na que a auga se move baixo o xeo, inflúe notablemente á velocidade na que o xeo se derrita ou solidifique.

Para os investigadores, este descubrimento axudaraos a entender como poderá responder o xeo aos cambios nas condicións ambientais, ao mesmo tempo que lles permitirá predecir con maior precisión como responderá a capa de xeo ao quentamento global no futuro e anticipar as súas consecuencias.

Autora: Mirian Trigo Castro

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.