NOVA ESPECIE DE DELFÍN DE RÍO

Case un siglo despois da primeira vez que se tivo constancia de delfíns de auga doce (1918), descubriuse unha nova especie deste ser vivo.

Este novo tipo de delfíns de auga doce apareceu no río Araguaia, un río duns 2.115 kilómetros de lonxitude  que se encontra no bosque tropical máis grande do mundo, o Amazonas, e que percorre  a parte central de Brasil e desemboca no océano Atlántico.

As principais características que diferencian a este novo tipo de delfín bautizado como “Delfín Araguaia” (Inia Araguiaensis) do delfín de océano, son o seu colo, que debido a que non está fusionado lle permite ter máis movilidade, e o seu fino e alongado fociño dentado, que lle permite cazar  peixes fácilmente.

O equipo que descubriu esta nova especie, formado por seis científicos da Universidade Federal do Amazonas (UFAM), analizou o ADN do delfín Araguaia en diferentes ríos  ata chegar a conclusión de que se trata dunha especie nova.

A especie de Inia Araguiaensis, surxiu fai uns dous millóns de anos, e a súa  cantidade de exemplares é moi baixa : estímase que pode haber aproximadamente uns 1500 delfíns Araguaia.

A pesar da alegría que supuxo para o equipo de investigadores da UFAM dar co Araguaia, confesan que o delfín de río está en extinción debido á súa rareza, ademáis, resaltan que o río Araguaia experimentou grandes cambios debido a construcción de presas hidroeléctricas  e á actividade agrícola,  tendo efectos negativos no ecosistema. Polo tanto é probable que o número de delfíns se vira afectado.

Martín Baúlde Trigo.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta