O “renacer” da tartaruga Carey

A tartaruga carey é unha especie de tartaruga mariña da familia dos quilónidos que se atopa en perigo crítico de extinción. O seu aspecot é similar ao das tartarugas mariñas. Ten o corpo plano, un caparazón protector e as súas extremidades en forma de aletas están adaptadas para poder nadar en mar aberto. Esta tartaruga disferénciase doutras polo seu pico puntiagudo e curvo e polos bordes en forma de serra do seu caparazón. Aliméntase, principalmente, de esponxas de mar. Algunhas delas altamente tóxicas para outros organismos. Tamén se alimenta doutros invertebrados como medusas e tenóforos.

Esta é a súa distribución. Os puntos vermellos son as zonas principais e os amarelos outras zonas nas que as podemos atopar.

Por causa das prácticas de pesca, estas tartarugas consideráronse en perigo de extinción. Principalmente, pescábanas para inxerir os ovos ou para comerciar o seu caparazón leonado que pode rematar en forma de xollas.

Estas tartarugas lograron dibuxar un soriso nas comunidades de biólogos mariños e de ecoloxistas que traballan no Trópico americano. De repente a poboación de estos animais, considerada en perigo de extinción, deixou de considerarse “remanente” e agora é unha especie promisoria.

O biólogo Alexander Gaos dixo: “A xente pensaba que desaparecera, pero agora hai esperanza”. Agora, Alexander di orgulloso que hai, polo menos, 500 especies femias aniñadoras  nos rincóns do Pacífico da rexión centroamericana, ademais de poboacións menores no Caribe.

Agora, os biólogos e ambientalistas  intentan aliarse cas comunidades costeiras. Intentan convencelos de que matar a unha tartaruga para vender os seus ovos ou comerciar a súa concha é menos rentable que mantela preto do seu territorio e desarrollar o turismo. Esta xa é a marca de algunhas zonas de Costa Rica como Ostional (Pacífico) ou Tortuguero (Caribe), onde os turistas pagan ata 100 dólares por un tur de observación de desove.

[youtube ]

Autora: Laura Ozores.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta