Respirar… un perigo?

Nalgunhas cidades coma México, París ou Shangai respirar na rúa pode ser máis perigoso que cruzala. Isto é debido ás grandes cantidades de contaminación que producen os automóviles nestas cidades.

O tráfico vehicular é o principal responsable das emisións de óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e dióxido de xofre, todos eles nocivos para a saúde e calidade de vida.

Por unha parte está México, onde morreron 20,000 persoas por accidentes de tráfico e 2,000 por enfermidades relacionadas coa contaminación vehicular. As mortes por esta causa aumentaron un 12% nas últimas dúas décadas e 184,000 persoas perderon a vida por contaminación vehicular no mundo.

Logo está París, na que se alcanzou durante seis días na área urbana da capital o nivel de alerta polas grandes cantidades de emisións dos vehículos diesel. Isto obligou ao Goberno francés a tomar medidas excepcionais para reducir os niveis de contaminación.

Estas medidas consistían na “circulación alterna”, na que os vehículos de matrícula par tiveron prohibida a circulación o luns 17 de marzo. Esta medida, á parte de reducir o pico de contaminación, tamén reduciu os atascos.


Autora: Mariña Busto

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta