REVOLUCIÓN XENÉTICA

Un amplio equipo de científicos de diversas universidades europeas e norteamericanas conseguen fabricar en laboratorio o primeiro cromosoma eucariótico tras 7 anos de investigación. Trátase dun cromosoma de levadura, o hongo utilizado para facer cervexa, pan, biocombustible e a metade da investigación sobre organismos eucariotas (coma nós).

A bioloxía sintética é unha disciplina emerxente que trata non xa de modificar organismos, senon de deseñalos a partir de principios básicos. Nos últimos cinco anos lográronse espectaculares avances como a sínteses artificial do xenoma completo dunha bacteria e varios virus pero esta é a primeira vez que se logra producir ADN sintético nunha célula complexa.

Jef Boeke, director do Instituto de Xenética de Sistemas da Universidade de Nova York, comezou este proxecto coa colaboración da Universidade de Johns Hopkins de Baltimore co nome de ‘Build a genome’ (constrúe un xenoma). As técnicas de sintetización de ADN non son capaces de producir tramos de secuencia máis de 100 ou 200 letras (TGAAGCCT…), pero os estudantes ocupáronse de ir pengando as sucesivas secuencias en tramos cada vez maiores, chegando así a un cromosoma final que mide ao redor de 300.000 letras.

 

A levadura ten uns 6.000 xenes e comparte cos humanos un tercio deles, a pesar dos millóns de anos de evolución que nos separan. Os humanos temos agrupados os cromosomas en 23 parellas e a levadura en 16. Os científicos centráronse no máis pequeno de todos, o cromosoma número 3, extraéndoo do hongo e sustituíndoo por un sintético, chamado synlll. O cromosoma sintético cubre todas as funcións do cromosoma natural, aínda estando totalmente alterado.

 

http://www.rtve.es/noticias/20140327/fabrican-primera-vez-cromosoma-sintetico-celula-levadura/905427.shtml

Autora: Carmen Vilanova.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta