CRUSTÁCEO INVADE AS AUGAS GALEGAS

CAPRELLA MUTICA

O camarón esqueleto xaponés co nome científico de Caprella Mutica, é unha especie orixinaria do  mar de Xapón, este crustáceo colonizou en moi pouco tempo varias zonas costeiras do norte de Europa, sendo esta, a primeira vez que se detectou en augas galegas.

É un pequeno crustáceo que xeralmente non supera os 50 mm, posúe unha capacidade de adaptación moi notable e ademais tamén é capaz de reproducirse moi rápido e colonizar áreas moi alonxadas do seu hábitat natural e isto convérteno nun invasor moi eficiente.

As colonias de Caprella Mutica mostran un maior numero de femias que de machos, isto débese a que os machos luchan entre sí, para defender as femias, dando lugar a unha elevada  mortalidade masculina. Tamén os Caprella Mutica machos grandes son máis vulnerables aos seus depredadores.

Diversas colonias do crustáceo invasor foron localizadas polos membros do Grupo deEstudo do Medio Mariño (GEMM) en diversos puntos da ría de Arousa, principalmente asociadas a estructuras flotantes como bateas e xaulas de cultivo de peixes.

Os investigadores adverten que a presenza das colonias trae como consecuencia trastornos aos cultivos sobre os que se asenta o camaron esqueleto xaponés. E tamén principalmente no caso dos bivalvos, pola competencia de alimento e polo efecto de peche dos moluscos o que lles ocasiona un gasto extra de enerxía, e isto acorta o tempo que dispoñen para alimentarse.

 

CAPRELLA MUTICA MACHO

CAPRELLA MUTICA FEMIA

DISTRIBUCIÓN GLOBAL DA CAPRELLA MUTICA

En Europa, encontráronse por primeira vez colonias de camaróns esqueleto xaponés en 1995, Holanda.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.