AMEAZA NO AIRE

 

Nos últimos anos grazas as novas tecnoloxías as máquinas para poder protexer os nosos cultivos volveronse moito máis eficazes pero volveronse moito máis perigosas para a saúde, xa que expanden o sulfato moito máis, e unha das máis importantes son os atomizadores para botar sulfato.

Por culpa de estas técnicas o Salnés volveuse unha zona completamente contaminada por todo tipo de sulfatos e fitosanitarios químicos, contra o mildiu, oidio, botritis, etc. Tamén por abonos químicos que se aplican continuamente para que as plantas medren rápido e produzan moita uva.

Cando ven un ano de plagas os agricultores non paran de ir as viñas e sulfatar para que non se lle perda o viño.

De todas maneiras, en anos normales, sin plagas,  botan eses sulfatos moi a miudo durante toda a primavera e parte do verán, so como tratamento preventivo. O mes anterior á vendima está prohibido sulfatar, e os agricultores queixanse, porque din que as súas plantas quedan desprotexidas. Desde abril ata xulio ou principios de agosto, a contaminación é continua con grandes ventiladores botando ese producto.

Algo realmente malo, porque non só contaminan aire, terra, augas subterráneas e ríos, se non que tamén provocan que as plagas fáganse cada vez máis resistentes, e haixa que botar máis sulfato.

Os conductores dos tractores que van botar este producto con eses atomizadores pensan que con ese traxe que poñen protéxeos contra as enfermidades pero están trabucados xa que están respirando eso constantemente, aínda que leven unha máscara.
Eses productos que non só quedan no aire que todos respiramos, se non que tamén se filtran na terra, nos  manantiais e tamén o dano que produce a flora e a fauna do lugar.

Aínda que melloraron as cousas para facilitar o traballo aos agricultores volvéronse en contra da nosa saúde. No Salnés, zona de moito viñedo, úsanse moito os atomizadores polas grandes extensións de terreo, a consecuencia disto o aire que estamos respirando prodúcenos enfermidades.


Andrea Pérez Cambeiro 4º A

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta