Especies invasoras VS especies en perigo de extinción

A loita contra as especies invasoras está a provocar unha ameaza a outras en perigo de extinción. Un exemplo disto é o rascón de manglar (tamén coñecido como tingua), unha ave en perigo de extinción que só habita nun pantano de sal da bahía de San Francisco, nos Estados Unidos. O seu hábitat natural desapareceu, e como consecuencia, agora depende dunha pranta invasora para construír os seus niños e buscar alimento. A Spartina alterniflora está causando ao mesmo tempo a súa erradicación.

A Spartina alterniflora foi introducida na bahía de San Francisco ao redor de 1970 como método para recuperar as marismas. Ao pouco tempo, a especie hibridouse coa Spartina foliosa, nativa da propia bahía. Comezou así unha invasión que alcanzou ata 323 hectáreas.

Según un estudo da Universidade de California, eliminar lentamente as especies invasoras é a mellor opción para as especies autóctonas que están a piques de desaparecer. Ademais disto, afirma Adam Lampert, a Spartina alterniflora causa gran variedade de danos na bahía: dende modificar as liñas de costa ata a obstrucción dos canles de control de inundacións (que isto á súa vez provoca o aumento do risco de desbordamento), ou a degradación dos ecosistemas, ocasionando a pérdida do hábitat da marisma e reducindo a biodiversidade.


Tamén se plantexou unha alternativa: erradicar aínda máis lentamente a Spartina alterniflora e combinala coa restauración da Spartina foliosa. Empleáronse datos de campo e económicos e desenvolveuse unha técnica que fixo posible a eliminación da especie invasora. Os resultados mostraron que, no canto de eliminar máis rapidamente as prantas invasoras, é mellor reducir a velocidade e combinalo coa recuperación do ecosistema natural.

Autora: Carmen Vilanova Núñez.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta