NON COMAMOS O NOSO MUNDO

En China, o órgano lexislativo aprobou unha lei no que a aquelas persoas que coman animais salvaxes exóticos serán sancionadas cunha pena de dez anos de cárcere. Así o afirma o documento oficial no recolle que no caso de que calquera persoa coma ou compre “con outros obxectivos” algunhas das 420 especies consideradas en perigo de extinción polo Goberno chino, será castigada con 10 anos de cárcere dependendo do grado da ofensa.

China contén o dez por cento da poboación mundial de especies vertebradas, ao redor dunhas 6500. Máis de 470 animais vertebrados terrestres son autóctonos de china, incluíndo o panda xigante, o mono dourado, o tigre do sur de China e o crocodilo chino.

O xefe da Comisión de Asuntos Lexislativos, Lang Sheng di: “Comer estes animais non é só unha mala conduta social, senón tamén a principal causa pola que a caza ilegal non e eliminada a pesar das campañas lanzadas contra esta mala conduta”

Dándolle a razón a Lang Sheng, deberiamos concienciarnos nestes temas, sobre todo na protección do noso ecosistema, como tamén na caza ilegal, principal causante destes problemas que a día de hoxe aínda está presente en todo o mundo.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.