O PETRÓLEO NON SE COME

Unha importante empresa española, Repsol, que se adica á produción e a venda de petróleo, detectou a posible presenza dun xacemento na costa das Illas Canarias e Baleares. Para poder acceder a ese petróleo, Repsol pediu permiso ao Goberno para realizar unhas prospeccións petrolíferas e, no caso de que haxa petróleo, explotalo con plataformas petrolíferas no futuro.

As prospeccións petrolíferas xa teñen graves consecuencias para o medioambiente de por si: realízanse mediante sondeos acústicos, que afectan gravemente ás poboacións de peixes, ao sector pesqueiro, aos cetáceos (á parte de que as prospeccións das Baleares realizaranse nunha ruta de migración de cetáceos), ás tartarugas mariñas, ás aves, aos espacios naturais, etc. Ademais dos danos, tamén existe o risco de que ocorra o mesmo que no Golfo de México, cousa que se sucede, suporía unha total catástrofe para a vida nas nosas costas, a actividade pesqueira e o turismo. Tamén afectaría gravemente á vida humana, pois en illas como Fuerteventura, a auga que beben obtéñena do mar.

En Canarias e Baleares o turismo é algo realmente importante, así que os cidadáns non están dispostos a correr tal risco. Por iso, a xente botouse á rúa para manifestarse en contra destas medidas dado que o Goberno aínda está tomando a decisión de aprobalas ou non. Incluso o barco de Greenpeace, o “Rainbow Warrior”, desprazouse ata as Baleares para colaborar na campaña anti-prospeccións. A xente pide que se aposte polas enerxías renovables solar e eólica, que en Canarias e Baleares son abundantes, e non a enerxía sucia como é o petróleo.

 


 

Autora: Mariña Busto Iglesias

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta