Poderá unha bacteria salvar as nosas vidas?

As bacterias son os organismos máis abundantes no planeta. Algunhas son capaces de sobrevivir en condicións de temperaturas extremas, en augas ácidas ou incluso vivindo en desfeitos radiactivos e nas capas máis profundas da Terra.

A súa capacidade de tomar como alimento o que é tóxico para a maioría dos seres vivos, fixo que sexan utilizadas para procesos industriais.

Orixinalmente, pensouse que a capacidade para metabolizar o metano e outros gases alcalinos como o propano, que se encontran no gas natural, levaríase a cabo por diferentes grupos de bacterias, mais unha nova investigación estivo estudiando a bacteria Methylocella silvestris, que podemos encontrar na turba, tundra e solos forestales do norte de Europa, e que é capaz de desenvolverse en ambientes onde abundan estos gases, alimentándose deles e limpiando os seus compoñentes nocivos antes de ser liberados á atmósfera grazas a que contén dous sistemas de enzimas que utiliza para aproveitar ambos gases á vez.

Tendo en conta que o metano é un potente gas de efecto invernadoiro e que ten un efecto no quentamento global 20 veces maior que o CO2, este novo descubrimento brinda unha nova esperanza de axudar a mitigar os efectos da liberación destos gases á atmósfera, tanto os gases naturais que se filtran no medio ambiente como os que surxen da actividade feita polo home como o fracking e os derrames de petróleo.

Estes resultados tamén podrían ser utilizados para informar da xestión dos usos do solo, por exemplo, nos áreas nas que se liberan altos niveis de metano  e propano poderíanse beneficiar dun ambiente rico nestas bacterias.


Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta