Si ou Non aos Tranxénicos?

O desenvolvemento de enfermidades, a desaparición de insectos, a toxicidade das nosas augas e terras, a deforestación… Hai demasiadas consecuencias negativas tras o uso dos transxénicos. Dito isto, ¿sabías que  España é o país de Europa que mais alimentos tranxénicos cultiva?

Os alimentos transxénicos son alimentos elaborados a partir de seres vivos aos que se lles incorpora xenes doutro, para lograr a característica desexada.

España é un dos poucos paises da UE que apostan por estes cultivos, mais do 67% dos ensaios experimentais realízanse nos nosos campos.

A multinacional Monsanto confirmaba recentemente que iba retirar a maior parte das solicitudes que presentou para que lle deixaran cultivar  transxénicos en Europa ante o considerable rexeito que existe neste continente hacia este tipo de cultivos. Queixabase das trabas legais e da falta de apoio político. Ese rexeitamento dos transxénicos no conxunto de Europa fai que resalte ainda mais o incremento da superficie de cultivos transxénicos en España.

Pode haber ventaxas e desventaxas, estas son un exemplo:

Ventaxas:

– Contribue a eliminar o problema da fame nos paises menos desenvoltos, xa que poden soportar temperaturas extremas.

– Resiste tanto a herbicidas como aos insectos.

– Produción de fármacos e vacunas.

Desventaxas:

– Pode conter elementos canceríxenos.

– Resistencia a antibióticos.

– Inestabilidade xenética.
– Aparición de alerxias.
En realidade a España compénsalle poder exportar tantos productos transxénicos, facendo que a sua poboación sexa a mais perxudicada no proceso? Neste caso a comunidade europea dixo que non, a producir a grande escala estes productos, porque neste caso España non lle fixo caso a europa?

Autora: Sara Falcón Fariña

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta