Un virus xigante conxelado en Siberia

 

O Pithovirus é un xénero de virus xigante coñecido pola especie: Pithovirus sibericum. Foi descrito por primeira vez no 2014 despois de que que o reviviran do permafrost siberiano de 30000 anos de antigüidade

Un espécimen de Pithovirus mide aproximadamente 1,5μm de lonxitude e 0,5μm de diámetro, converténdoo así no virus más grande atopado ata agora. É un 50% maior que o Pandoravirus, o anterior virus máis grande. A especie ten unha parede ancha e ovalada con unha abertura nun extremo. Internamente, a súa estructura recórdanos a un panal de abellas.

Este virus replícase construíndo estructuras no citoplasma do hóspede, en vez do método típico de tomar o seu núcleo. O Pithovirus, que infecta as amebas e é inofensivo para os humanos e os animais, encerra un gran número de xenes en comparación cos virus correntes. Os da gripe ou a sida non conteñen máis que unha decena. O seu tamaño (e o seu xenoma) é parecido ao de moitas bacterias.

Os virus xigantes (dun diámetro superior á 0,5 millonésima de metro) son, ao contrario que outros virus, doadamente visibles cun simple microscopio óptico.

«O feito de que estes virus ocultos no chan dende hai máis de 30.000 anos poidan sobrevivir e ser aínda infecciosos demostra que o desxeo do permafrost debido ao cambio climático ou a explotación mineira e industrial das rexións árticas podería levar consigo riscos para a saúde pública», subliña Jean-Michel Claverie, coautor do estudo e investigador do laboratorio Information Génomique et Structurale de Marsella.

A posibilidade de que rexurdan virus que cren erradicados, como o da varíola que se multiplica de xeito similar á dos Pithovirus, é un feito que pode chegar tarde ou cedo.



Autora: Laura Ozores.



 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta