UNHA BACTERIA CONTRA O QUENCEMENTO GLOBAL

Investigadores da Universidade de East Anglia, en Reino Unido, afirman que encontraron unha bacteria, a cal se alimenta de gases naturais, que podería frear o proceso de quencemento global.

Esta única cepa bacteriana, Methylocella silvestris, encóntrase no solo e nos entornos de todo o mundo, podendo crecer tanto no metano como no propano, dous poderosos gases. Isto débese a que contén dous fascinantes sistemas de enzimas que utiliza para para aproveitar ambos gases ao mesmo tempo. Isto é moi importante para os entornos expostos ao gas natural, posto que esta bacteria podería mitigar os efectos do metano e doutros gases antes de que cheguen á atmosfera.

Methylocella silvestris

O efecto do metano no quencemento global é máis de 20 veces maior que o dióxido de carbono nun período de tempo de 100 anos, polo que poder eliminalo bioloxicamente no medio ambiente antes de que saia á atmosfera é moi importante.

Orixinalmente pensábase que a capacidade de metabolizar o metano ou outros alcanos gasosos como o propano era desarrollado por grupos de bacterias diferentes, o que agora se sabe que non é certo. Isto significa que un mesmo tipo de bacterias pode limpar os compoñentes do gas natural de maneira moi eficiente, ao mesmo tempo que reduce a contaminación e o efecto invernadoiro.

Ademais, tamén podería proporcionar algunha defensa contra os derrames de petróleo e outros contidos tóxicos.

Esta bacteria pode absorver fugas de gas de orixe natural ou causadas polo home antes de que saian á atmosfera, evitando así o quencemento global.

Autora: Mirian Trigo

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta