VERTEDOIROS SUBMARIÑOS

Cada ano, 6’4 millóns de toneladas de lixo rematan nos fondos oceánicos. Este lixo fai que aves mariñas, tartarugas, medusas, peixes e outros seres vivos acuáticos queden sen vida, principalmente por inxerir plástico ou enredarse con el. Outro problema moi grave é que cando un resto de lixo se degrada, pode xerar  microplásticos  que poden contaminar toda unha cadea alimenticia.

Varios equipos de investigadores europeos levan máis de dez anos recollendo mostras de lixo en 32 zonas do Atlántico, Ártico e Mediterráneo.

Estes grupos de investigadores destacan que botellas, bolsas de plástico, metais … poden ser encontrados tanto a uns escasos 35 metros de profundidade, (como é o caso do Golfo de León)  como tamén a uns 4500 metros (cañon submariño de Cascais). Os autores do proxecto destacan que o alto custo  e ás dificultades técnicas para tomar mostras nos fondos submariños impediran ata agora obter un mapa dos lugares nos que hai mais lixo e  medir o dano do problema.

Un 4% dos residuos encontrados son de vidrio, un 7%  de metáis, un 34%  de redes de pesca ,un 41% de  plásticos e un 13% de outros tipos de lixo. Nun terreo submariño do tamaño dun campo de fútbol, por exemplo,  pódense encontrar máis de trinta obxetos, como poden ser un vidón de gasolina, redes de pesca… e ainda que a simple vista isto non de a sensación de ser grave, pode ter moi malas consecuencias.

A nivel de impacto visual, o que máis chama a atención son as chamadas “Illas de plástico” que flotan en varios océanos. Entre estas “Illas” destaca a coñecida como “Sétimo continente”: un vertedoiro mariño situado no Pacífico, do tamaño de entre 3 e 7 veces España.

Despois de todo ese tempo, todos chegan a unha mesma conclusión : O lixo que xera o ser humano atópase en todas partes, desde praias ata fondos oceánicos.

O que pretende este grupo de investigadores, é concienciar a toda a civilización: se foramos un pouco máis coidadosos á hora de xestionar o noso lixo, este problema non tería lugar. Non se poden recoller tódolos obxetos sen uso que se encontran a 1000 ou máis metros de profundidade, polo que se queremos frear este problema non nos queda máis remedio que cambiar as nosas ideas a cerca do que facer co noso lixo.


Martín Baúlde Trigo

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta