Animais salvaxes desorientados

Uns dos problemas que se comenta pouco, aínda que cada vez máis e en máis sitios, é a aparición de animais salvaxes no medio urbano.

Isto débese maioritariamente á redución ou incluso completa destrución dos ecosistemas dos animais salvaxes provocando a que se extingan ou cambien de hábitat como é o que están facendo algúns.

Inda que algúns animais cheguen aos núcleos urbanos outra cousa que lle favorece a supervivencia nas cidades é a cantidade de lixo que se pode atopar na rúa tendo así os animais total liberdade de alimentos e podendo así alimentarse, sobrevivir e incluso reproducirse o cal faría o cambio completo do hábitat do animal.

Non nos eganemos, non todas as cidades son así, de feito outras das causas de que se acomoden ao noso hábitat é que moitas cidades a escala mundial estanse convertendo máis verdes, é dicir, que estase a reducir a contaminación e a aumentar o número de espazos abertos e con vexetación.

Unha anécdota recente é dun xabaril atopado en San Tomé (Cambados) que proviña da Illa de A Toxa (O Grove) que parece ser que cruzou o mar aproveitando unha marea baixa o que lle favoreceu o paso da illa a Cambados, e alí ser perseguido por cans ata ser atrapado. Tamén chéganse a ver cervos cruzando cidades, pobos e incluso rúas que están preto dalgún monte.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta