A Terra futura

Tódolos anos, no inverno, neva en moitos lugares do mundo.

A neve é un fonómeno meteorolóxico que consiste na precipitación de pequenos cristais de xeo. Estas pequenas partículas agrúpanse en folerpas. A neve fórmase cando o vapor de auga contido nas nubes, con unha temperatura ambiental inferior a 0 ºC, se precipita sobre o solo. Cando se acumula neve, a unha temperatura moi baixa, esta convértese en xeo por compactación e recristalización. Este xeo pode aumentar ata chegar a crear glaciares, que son unha grosa masa de xeo. Ás veces podemos atopar formacións de xeo no mar, coma pequenas illas, que son, en moitos casos, desprendementos de grandes formacións de xeo nos polos.

Os glaciares; que están compostos de tres partes: cabeceira, lingua e val; ocupan o 10% da Terra, sobre todo nos polos, e representan o 75% da auga doce do planeta. Debido ó quecemento global estes glaciares están a retroceder, a isto chámaselle desxeo. A subida das temperaruras, os gases de efecto invernadoiro e a contaminación son as principais causas do quecemento global que levan a cabo o desxeo. Por mor disto, o nivel do mar está a subir, e cada vez máis rápido. Nos polos, onde podemos atopar moitos glaciares, tamén atopamos neve e xeo, xa que estes recobren todo o solo. Estas grandes zonas, cubertas de grandes masas de xeo, provocarían un enorme ascenso do nivel do mar se se derretese, cousa que está a pasar. Os polos conteñen unha enorme cantidade de auga en estado sólido, se esta auga en estado sólido se derrétese por completo, o nivel de mar subiría tanto que anegaría cidades enteiras. Os científicos calcularan que co desxeo, o nivel do mar chegaría a anegar cidades en, aproximadamente, un século, pero os últimos estudos que se están a realizar calculan que podería pasar antes do previsto, quizáis en 50 anos. Cada ano o nivel do mar sube varios milímetros, ou incluso, pode chegar a subir uns centímetros. Pero despois dos últimos estudos crese que dentro duns 50 anos podería chegar ós 5 metros ou máis. Esta enorme subida do nivel do mar causaría estragos, xa que moitas cidades quedarían anegadas e moitas incluso desaparecerían baixo a auga. Algunhas destas cidades son Venecia, Shangai, Nova Orleáns ou Miami. Estes acontecementos cambiarían totalmente a xeografía e a historia da Terra.

O cambio climático afecta ós glaciares e, ó xeo en xeral, pero non só o derrete, senón que, por exemplo, en Groenlandia o xeo do solo estase escurecendo. Isto débese a que, como o xeo estase a derreter, o pó do solo mestúrase entre o xeo e a neve escurecéndoos. Ademáis, este suceso favorece a que este xeo se derreta aínda máis rapidamente. O quecemento global ocasiona tamén, que haxa menos neve. Cada ano a subida das temperaturas disminuye as neves nas montañas, nas estacións de esquí, etc. Isto non fai que haxa menos nevadas, pola contra, hai máis nevadas, así e todo, debido as altas temperaturas a neve disminuye xa que as altas temperaturas derrétena, pero fan que haxa tamén máis humidade, o que produce máis nevadas.

A continuación, este vídeo mostraranos os efectos do cambio climático, o quecemento global e a subida do nivel do mar no futuro.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta