Invasións biolóxicas

ESPECIES INVASORAS

A introdución de especies non nativas (exóticas) que se converten en invasoras (pragas) é unha causa moi importante de perda de biodiversidade.Estos fallos son causados , sobre todo, pola acción do ser humano. Estas especies que proveñen de sitios afastados de xeito accidental ou deliberado, depredan ás especies nativas, compiten con elas, transmiten enfermidades, modifican os hábitats causando problemas:

  • ambientais( como a perda dun ecosistema poñendo en perigo a diversas especies e mesmo causar a extinción local dalgunhas especies nativas).
  • económicos(debido ao dano xerado na produción das colleitas, a gandaría, as pesqueiras , o mobiliario urbano…, e tamén de fulminar as especies do lugar invadido).
  • saúde-(crecente o risco de enfermidades exóticas debido ao aumento do transporte e á invasión por parte dos humanos de hábitats que antes eran remotos ou desconocidos.)

A tortuga florida é orixinario dunha zona de Estados Unidos e podemola encotrar en países como España e Francia

Cando xa non é posible erradicar a especie existen 3 tipos de control :

Control químico: É probablemente o principal método utilizado para combater as pestes tóxicas en agricultura

Control físico ou mecánico: Hai certas especies que unicamente se poden tratar de forma directa, extraéndoas mecanicamente. Este método só é efectivo cando a área invadida é pequena.

Control biolóxico: Unha das causas de expansión descontrolada das especies é o feito de que veñen sen os seus depredadores naturais.

A erradicación completa dunha especie exótica ás veces é posible, especialmente se se ten un bo coñecemento da especie, reprodución, ciclo de vida e se causou invasións noutros puntos do planeta para saber o mellor xeito de actuar.

Sergio costa 4ºA

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta