Mareas Vermellas en Galicia.

QUE SON?

Chamamos mareas vermellas a un fenómeno natural que é provocado nas zonas costeiras polo incremento excesivo de algunhas microalgas na auga dos mares, que se produce baixo certas condición ambientais, como a temperatura da auga, a salinidade, a luminosidade ou a dispoñibilidade de nutrientes, éstas aumentan de forma explosiva provocando as Floracións Algales que, xeralmente son beneficiosas para a vida mariña xa que aos animais mariños non lles afectan estas mareas. Pero, ao ser o alimento de algúns moluscos mariños que son consumidos polas persoas, poden provocar danos na súa saúde (como diarreas ou vómitos). Tamén producen pérdidas económicas, xa que, cando hai mareas vermellas nun lugar determinado, non se pode extraer o marisco dese sitio.

Os grandes cambios que se provocan na coloración do auga é debido a uns pigmentos que posúen as microalgas pa poder facer a fotosíntese.

MAREAS VERMELLAS EN GALICIA

En agosto deste ano, as rías de Arousa, Vigo, Muros-Noria e Pontevedra, foron as máis afectadas na costa galega polo avance das toxinas das mareas vermellas e moitos polígonos de mexillóns tiveron que permanecer cerrados. A causa destas mareas vermellas nas costas galegas din que é polo aumento da temperatura da auga provocada polos ventos do sur.

As especies máis afectadas en Galicia por estas mareas son o mexillón, a navalla e o longueirón.

Normalmente, este fenómeno aparece nas costas galegas na primavera e chega a estenderse durante o verán, fechas nas que cerran moitos centros marisqueiros.

O avance destas toxinas non se poden deter, polo tanto realizar análises nos laboratorios tanto dos moluscos como no auga, para poder averiguar si se pode coller o marisco nese sitio de onde se fan as probas ou non.

Esta situación provocou que os traballadores das bateas afectadas pola toxina tiveran que deixar de traballar durante o tempo que durou a prohibición. A causa disto, as empresas como as depuradoras paralízanse.


 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.