Obxetivo: reducir, reutilizar, reciclar.

A protección e a conservación do medio ambiente converteuse nos últimos anos nunha gran preocupación social e as ideas de protección e conservación nun dos obxetivos esenciáis. Un dos principais problemas nos nosos días é que xeramos demasiados residuos e isto, co paso do tempo, pode chegar a provocar danos moi importantes tanto na saúde das persoas como no medio ambiente que nos rodea. Hoxe en día existe un protocolo para a eliminación de residuos que todas as empresas adicadas a isto, en Galicia, SOGAMA, deben seguir, e no cal procúrase facer o menor dano posible ó medio ambiente, algunhas das principais ameazas medioambientáis destes procesos explícanse no seguinte vídeo:



As entradas de lixo no vertedeiro de Areosa en Cerceda (A Coruña) nos oito primeiros meses do ano 2012 son de aproximadamente 546.000 toneladas, en cambio no mesmo intervalo de tempo, en 2013 entraron 528.100 toneladas e, ata agosto de este ano, entraron 524.800 toneladas de lixo procedentes de toda Galicia.

Esto quere dicir que, cada ano estase a reducir máis e máis o acumulamento de lixo, este baixou un 4,05% dende 2012, e case un 10% dende 2008. Este é un bo dato. Pero non é suficiente. A meta en todo o territorio galego era a de reducir un 10% a produción de lixo, porcentaxe xa case alcanzado hoxe en día, por iso agora a meta está en reducir un 30% ata 2020. Para isto son necesarias labores de información, formación e concienciación da cidadanía e sábeno ben tanto a Xunta, con campañas como “Separemos ben, reciclaremos mellor” xunto con Sogama, como a Unión Europea.




Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta