Petróleo, mellora ou desvantaxe?

Unha das novidades das que máis se fala nestes días é a da plataforma construída para buscar petróleo no fondo das augas canarias. Está situado na plataforma continental de Lanzarote e Fuerteventura, moi preto de donde Marruecos atopou petróleo xa. Estiman que é unha bolsa de mil millons de barriles, o que supondría unha fonte de hidrocarburos para 25 ou 30 anos e abastecería mais ou menos 15% do consumo español.

Por unha banda, esta non é unha idea que lle atraia á maior parte da xente, pola contaminación que produciría; pero por outro lado, daría traballos e sacaríanse grandes beneficios para o país.

A execución deste proxecto supondría un gran impacto medioambiental. (video)

Os efectos máis importantes do petroleo no fondo mariño son as mortes dos organismos por axfixia ou por ser moi xoves, o aumento de infección especialmente nas aves, pola inxesta de pequenas cantidades de petróleo. Tamén reduce a propagación da fauna pola redución de fontes alimenticias. Estes efectos permanecen no mar durante anos, e incluso décadas.

Tamén afecta ás persoas, sobre todo ás máis próximas á actividade petroleira, ou polo contacto na pel ou por inxestión de alimentos ou bebidas contaminadas. Pero non solo lles afectaría aos habitantes de Canarias, senón que, se contamina o medio ambiente, as partículas máis pesadas tenden a pousarse nos fondos e contaminar fontes de auga ou alimentos que logo son distribuídos por practicamente todo o mundo.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta