Qué está pasando cos coellos salvaxes en Galicia?

 

Debido aos fortes brotes de enfermidades de tipo vírico que se están detectando na península española,  no Norte de Portugal  e principalmente, na nosa comunidade ,  a poboación de coellos salvaxes (Oryctolagus cuniculus) estase vendo moi gravemente perxúdicada, repercutindo isto nunha gran diminuición da poboación xeral debido aos alto índices de mortaldade rexistrados nos últimos anos, acentuada principalmente nos dous últimos.  A Enfermidade Hemorráxico Vírica do Coello, coñecida polas siglas RHD,  deixou de ser xa un problema específico de Francia, onde a padecen desde hai varios anos, e despois dunha expansión que comenzou por Cataluña cara ao Levante, instalouse xa en moitos puntos de Galicia para ser a principal causa de morte deste pequeno mamífero. Pero isto, non só afecta aos amantes da caza desta astuta peza menor senon que é un problema moi complexo para toda a cadea cinexética e a cadea alimentaria en xeral, visto está coa prácticamente total desaparición do lince ibérico por exemplo ou da aguia real, os cales se alimentan principalmente deste pequeno hervíboro.

Coello afectado por mixomatosis

Coello afectado por mixomatosis

As principais enfermidades que están acabando coa presencia deste nos  montes e campos da nosa comunidade, son a Mixomatosis; cuxa infección é propagada por parásitos externos como garrapatas, pulgas, etc. E que se manifesta cunha clara infección das pálpebras oculares; a cal é moi pouco agradable para a visual humán, como podemos ver na imaxe situada na parte superior. Pero esta enfermidade esta pasando a un papel secundario para deixar lugar a principal causante das últimas perdas masivas, a Hemorraxia vírica, outra enfermidade creada nos laboratorios para combater as poboacións masivas de coellos salvaxes nalgunas zonas do mundo, pero que hoxe en día están facendo peligrar a presencia deste en España pero sobretodo na nosa autonomía.

 

Coello afectado pola Hemorráxica vírica

 

A pesar da teima dos gobernos a negar a existencia desta problemática actual e cunha gran repercusión moi próxima, as consecuencias comezan a ser claras, e cada día que pasa, é máis obvio a necesidade do deber de aplicar medidas disuasorias fronte a esta causa.  Por iso nos deberíamos concienciar e actuar sobre isto para frear a catástrofe que por agora estamos a tempo de evitar.

Fontes usadas: La voz de Galicia, Wikipedia, federación galega de caza, internet en xeral xunto con coñecementos propios.

Traballo realizado por José María Prieto Valladares. 4 A.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.