Xabaril urbano.

O pasado luns 24, pola noite, apareceu un xabaril no parque de San Tomé, ubicado na capital do albariño.

Algunhas persoas comentaron que podía ser o mesmo animal que viran na Toxa o día anterior a estes feitos. Mais, hai persoas que aseguran que viron ao xabaril na Toxa no mesmo momento en que se encontraba en Cambados. Polo tanto, considérase que non se fala do mesmo animal, aínda que pode haber posibilidades de que fora o mesmo.

É posible que un xabaril nade a distancia que hai entre a Toxa e Cambados mais, demostralo é practicamente imposible, según di Marta Lois, bióloga e presidenta do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES). Ademáis, indica que en Cambados encontráronse indicios da existencia de vida de algúns exemplares.

Debido ás modificacións do hábitat do xabaril, non é tan extraño que “viva nas periferias, nas fronteiras coas casas e zonas de vexetación ou que se acheguen á costa para recoller o que atrae a marea”.

Cando os veciños de San Tomé viron ao animal, puxéronse en contacto coa Policía Local, os cales chamaron a Protección Civil para que cercaran o parque infantil no cal se atopaba o exemplar e atrapalo. Aínda que, cando os voluntarios chegaron á zona, xa era tarde, o animal xa escapara e perdéronlle a pista nunha zona rocosa.

A bióloga di que ao modificarse o hábitat natural destes animais, eles adáptanse ás zonas urbanas, por iso podemos atopalos preto do humano. Tamén di que “Hai casos nos que están tan acostumados a buscar comida entre contenedores que perden o medo ao home e son máis confiados, aínda que sempre teñen unha vía de fuxida”.

Do xabaril cambadés non se volveu a saber nada. Aínda que o Concello está en alerta por si se volve a producir un avistamento do animal, evitando poñer en perigo aos cidadáns.

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta