Illa de lixo

A Sopa de plástico, tamén coñecida como Sopa de lixo, Sopa tóxica, Gran mancha de lixo do Pacífico, Gran zona de lixo do Pacífico, Remuíño de lixo do Pacífico e outros nomes similares, é unha zona do océano cuberta de desfeitos mariños no centro do océano Pacífico Norte, localizada entre as coordenadas 135° a 155° Oeste e 35° a 42°Norte. Estimase que ten un tamaño de 1.400.000 km².

Foi descuberta en 1988 nunha edición publicada pola National Oceanic And Atmospheric Administration (NOAA) dos Estados Unidos. A predición baseabase nos resultados obtidos en moitos laboratorios de Alaska entre 1985 e 1988, que mediron o plástico flotante no océano Pacífico Norte. Estes laboratorios encontraron altas concentracións de desfeitos mariños acumulados en zonas caracterizadas por unha topografía particular ou corrientes oceánicas.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta