Prospeccións Petrolíferas nas Illas Canarias

As perforacións para buscar hidrocarburos fronte a costa de Lanzarote e  Fuerteventura, nas Illas Canarias, acaban de ser aprobadas aínda que cunha oposión tanto política coma social.

O Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente autorizou os sondeos exploratorios, e emitiu unha declaración de impacto ambiental (DIA) favorable a que a petrolífera Repsol perfore tres pozos de ata 5.000 metros de profundidade a uns 60 kilómetros da costa.

As principais organizacións ecoloxistas falan de “despropósito” ante a decisión de Medio Ambiente. Moitos sectores costerios das Illas Canrias están recoñecidos e amparados dentro da Rede Natura 2000 (figura de protección ambiental europea) como  espazos protexidos pola presenza de especies e ecosistemas mariños (tortugas, delfíns, pradeiras de fanerógamas mariñas, covas mariñas..) que constitúen un patrimonio natural único na Unión Europea. Só no caso de Lanzarote e Fuerteventura existen máis de 9 ZEC (Zoas Especiais de Conservación) mariñas e costeiras que se verían afectadas por eventuais derrames ou escapes de petróleo. Ademáis, nesas augas hai constancia de rutas migratorias de cetáceos e aves mariñas que tamén se poden ver afectados.

Federico Ramos, o secretario de Estado de Medio Ambiente, afirma que ningún dos pozos autorizados están en espacio protexido, aínda que si están cerca (pouco máis de 10 kilómetros) dun lugar de interés comunitario (LIC), que está en proceso de tramitación para convertirse en espacio de Rede Natura 2000.

 

A petrolera Repsol ten a idea de facer os sondeos dende o buque  de posicionamento Rowan Reinassance”, que non anclará ao fondo mariño e utilizaría un equipo de perforación para acadar profundidades máximas superiores aos 5.000 metros. Os tres pozos están en tres das nove zoas nas que Repsol ten autorización para investigar a existencia de hidrocarburos.

Os sondeos realizaranse mediante un tubo de aceiro que ten un diámetro decrecente dende 91 centímetros no fondo mariño ata 21 no extremo máis profundo. Permite recoller mostras de rocha ou fluidos para determinar si hai reservas de hidrocarburos recuperables. A DIA inclue medidas preventivas e correctoras que Repsol debe cumplir. Establece controles sobre fontes lumínicas, ruído e lodos procedentes dos sondeos, entre outros. A empresa tamén estará obligada a ter un protocolo de avistamento de cetáceos nun radio dun kilómetro.


 

Enlaces a pdf con referencia ao tema:

Efectos potenciales de las prospecciones petrolíferas

Diego Villanueva Fariña  4ºB
Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta