Acorralando ó lixo mariño

Durante moitos anos o mar foise contaminado de restos  que proveñen de ríos, praias, da rede de sumidoiros…

Este lixo vaise acumulando en certas zonas dos océanos, principalmente, é dibido ás correntes que xuntan este lixo en certas zonas. E isto pode causar danos en ecosistemas mariños.

Todo isto xera que se creen moitas organizacións para tratar evitar que aumente e reducilo.

España participou en iniciativas como Isla Verde, desenvolto en España pola Cooperativa de Armadores de Vigo. Noutros países tamén se fan proxectos deste tipo, como o Fishing for Litter realizado en Reino Unido.

Fai uns días anunciouse que a organización Europêche, representante de 80.000 pescadores europeos e presidida por Javier Garat, uníuse ó grupo ambientalista Waste Free Oceans (WFO) para combatir o problema do crecente lixo mariño, sungundo informou a Cepesca (Confederación Española de Pesca), que é membro da organización.

Cepesca tamén dixo que cada ano tíranse ós océanos arredor de 8 millóns de toneladas de plásticos, segundo un informe de Universidade de Georgia (EE.UU.), onde tamén se informa que no 2025 ascenderá a 150 millóns de toneladas.

Pero todo isto tamén pode traer outros gastos por mor da reciclaxe, por iso o FEMP (Fonde Europeo Marítimo e de Pesca) financiará ás pescas que participen en proxectos deste tipo.

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.