O volcán Turrialba en Costa Rica é un dos volcáns máis activos da zona. No 2010 preocupou aos costarricenses por un incremento da actividade do volcán, producindo unha lagoa na parte superior, por onde erupcionou ata 3 veces o pasado xoves, 12 de marzo, e outras 4 máis o venres, 13.
Polas erupcións producidas creou unha nube gris chea de cinzas e gases tóxicos que alcanzou casi todo o centro de Costa Rica situados a 70 km do volcán. Tamén afectou na principal entrada ao país que ven sendo o aeroporto Juan Santamaría situado a menos de 90 km. Esta enorme nube gris afectou directamente a 111 voos e a uns 7.000 pasaxeiros polo que o aeroporto tivo que pechar.
Nunha das emanacións do venres houbo presenza de material incandescente, e o xoves rexistrouse o maior incremento de actividade do volcán dende o 1996. Aínda que a pesar de todas estas emanacións e da situación incómoda e complicada dos costarricenses. Este pasado sábado, 14 de marzo, os vulcanólogos da zona unha disminución notoria da actividade no interior do volcán.