Nova especie e ameazada.

Fai relativamente pouco, nunha rexión da selva amazónica descubriuse unha nova especie de mono, este foi bautizado como o tití de Milton, facendo homenaxe ó primatólogo brasileño Milton Thiago de Mello.

As súas características básicas, como ben podemos apreciar na imaxe, é que son grises, con colas dun laranxa brillante e patillas de cor ocre. Viven nas árbores, ao igual que outras especies de titís, aliméntanse de froita e a súa estructura familiar é unha parella e as súas crías. Na seguinte foto, podemos apreciar as súas diferenzas con outros titís:

A pesar de ser coñecido dende non fai moito, xa se atopan en perigo de extinción, pois son pouco numerosos, non saben nadar e non teñen as condición adecuadas para pasar por terreos montañosos. Ademáis, na rexión na que se atopan, o grao de deforestación é alto e o número de incendios vai en aumento, o cal tamén é unha ameaza.

Un dos científicos que realizou o seguimento desta especie, declarou: “A selva está ameazada como nunca e será necesario traballar duro -non só os conservacionistas, senón tamén o Goberno e todos os sectores da sociedade- para asegurarnos de que este ecosistema forestal pode continuar albergando unha ampla biodiversidade e axudando a regular o clima do noso planeta”.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta