O eclipse solar da década porá a proba as fotovoltaicas europeas

O próximo 20 de marzo acontecerá o eclipse máis espectacular da última década en Europa, e Galicia será o punto da Península onde se poderá observar o fenómeno con maior claridade. Dende o no noroeste peninsular apreciarase unha ocultación do disco solar do 80 %. Asimesmo, Turquía será o país do continente no que menos incida o eclipse, cunha escuridade máxima prevista do 25%.

O acontecemento cósmico comezará ás 9,05, alcanzando a súa plenitude ás 10.09 e rematará ás 11.18, segundo pronostican fontes do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago.

Unha proba para as fotovoltaicas europeas

A Entso-e, Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade que engloba aos transportistas eléctricos europeos, publicou un informe que se centra na afección que o fenómeno poderá ter sobre a xeración fotovoltaica, que no continente cobre un 3% de todo o consumo enerxético. Dende a organización afirman que “se están a tomar tódalas medidas necesarias para mitigar os riscos dende fai meses”. Entre estas medidas, “inclúese a coordinación entre salas de mando en toda Europa antes e durante o eclipse”.

Pola súa parte, Javier García Breva, experto en políticas enerxéticas, resta ferro ao asunto “o eclipse non será un gran problema, pero si suporá unha proba para a rede eléctrica europea, que está interconectada”. “Sera un teste para ver como funcionan as interconexións e como está a integración”, recoñece.

José Donoso, director xeral da Unión Española Fotovoltaica, que representa a unhas 300 empresas do sector, compara este asunto coa alarma xerada polo efecto 2000, un medo que acabou diluíndose cando se produxo un cambio de milenio e non se produciu o temido fallo informático global.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta