Vertedoiro de lixo no corazón das Fragas do Eume.

O pasado verán, un propietario dun dos montes que fan fronteira coas Fragas do Eume, Uxío Calvo, atopou de pura casualidade este vertedeoiro clandestino, xusto no corazón das Fragas. Ó parecer trátase dun antigo vertedeiro municipal incontrolado. Ó principio só se encontraron botellas, chapas oxidadas, e plásticos de todo tipo, mais isto só era a punta do iceberg, xa que despois toparíanse lavadoras e outros electrodomésticos, así como refugallos urbanos (mesmo tóxicos, como aseguran os ecoloxistas) ata sumar unhas cantas toneladas de lixo, o cal levaría soterrado case 30 anos.

Uxío, xunto unha comunidade de veciños de Pontedeume, foron denunciar o caso á dirección do Parque Natural, á Seprona de Pontedeume, á Garda Civil que llo comunicou ó concello desta cidade, tamén á Dirección Xeral de patrimonio e as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, isto foi en xuño do ano pasado, pero é agora cando reciben unha resposta da Xunta de Galicia, isto sorprendeu moito xa que estamos a falar do considerado como o mellor bosque do Atlántico.

Pois ben, a resposta da Xunta foi a de que esta destinará 350.000€ para a eliminación deste vertedoiro ilegal presente nas Fragas, así como na rexeneración do terreo afectado no incendio do pasado ano 2012. Aproxímase que o vertedeiro ocupa uns 3.913 metros cadrados e nunha zona de especial protección, como afirma a Xunta de Galicia. A primeira medida foi, o pasado mes de setembro, a catación da zona do vertedoiro para examinar os residuos alí depositados. Esta medida ven tamén acompañada de melloras hidráulicas principalmente para separar augas residuais das fecais e tamén renovar a rede de abastecemento.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.