De onde provén este manxar?

O Albariño é una variedade de uva branca que se cultiva maioritariamente en Galicia e norte de Portugal. Pero a zona por excelencia de maior cantidade e mellor calidade de producción é a denominación de orixe Rías Baixas, que debido ao seu microclima particular dalle a esta variedade de viño as condicións idóneas para o correcto desenvolvemento do seu proceso de maduración. Este preciado manxar é considerado una das variedades autóctonas máis importantes de Galicia a pesar de que compite con outras 220 variedades autóctonas catalogadas.
As principais características de esta variedade de uva é una cor amarela-palliza, brillante, con irisacións douradas e verdes e de racimos pequenos de maduración temprá que non adoitan superar os 125 gramos de peso.

O Albariño cultivábase nas riberas do río Umia (Pontevedra) dende a Idade Media. Según di a lenda, esta variedade de uva foi introducida no monasterio da Armenteira (Pontevedra) de man duns monxes da Borboña francesa do monasterio de Cluny, que a coñecían dende o siglo XII e que dende alí se extendeu o seu cultivo a toda Galicia. A pesar de que esta variedade non nacese propiamente en Galicia senon en Francia. Pero a realidade é que foi aquí donde se forxou o seu carácter e a súa lenda.
A Denominación de Orixe Rías Baixas, dívidese en catro subzonas perfectamente individualizadas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal e Soutomaior, nas que se elaboran dende hai centos de anos viños de unha alta calidade e exquisiteza, fundamentalmente brancos provintes de distintas variedades de Albariño. Esta denominación de orixe ten cavida dende o ano 1988.

A subzona do Salnés e o seu albariño, é unha gran fonte de alimento e emprego para gran parte da comarca xa que crea unha riqueza duns 50 millóns de euros anuais. Destacan polo seu volume de producción adegas coma Condes de Albarei ou Martín Códax.

Dentro das distintas enfermidades e plagas que poden afectar a uva albariña; as máis coñecidas e comúns son o Oidio, o Milidum e a araña vermella, e en menor grado, xa que é bastante resistente a esta, a Botritys que é a enfermidade a cál produce a putrefacción das uvas que forman o racimo. A uva albariña soe andar entorno aos 11 e 13 grados de graduación media. O cal fai que o viño que se obten mediante a elaboración de estas, obteña un grado de alcohol suficiente para non ter que abusar de substancias químicas que eleven a graduación de este, e isto fai que sexa un viño limpio e puro. De ahí a súa nítida cor, os seus intensos aromas e o seu sutil gusto a hora de palpar o seu intenso sabor.

Racimo afectado por oidio
Os viños de Rías Baixas acumulan galardóns e todo o tipo de distincións nas máis prestixiosas catas, e fan presenza nas mesas de todo o mundo. Os principais países importadores de viño albariño son EEUU, Canadá, Australia e o continente asiático que nos últimos anos comezou a recoller cunha gran aceptación o noso exquisito manxar. Por mor das súas características, estes viños harmonizan á perfección co peixe, cos mariscos e coas últimas creacións da cociña do mar, e ocupan un gran posto dentro da gastronomía galega.

Traballo realizado José María Prieto Valladares 4 ESO A
Fontes utilizadas: Consello regulador Rías Baixas, Wikipedia, fontes varias de internet.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.