Un paso atrás na reciclaxe

Nos últimos anos estanse levando a cabo diversos proxectos para fomentar hábitos non contaminantes e para que non se siga mezclando o lixo. Pero non parecen suficientes xa que apenas incrementou o aumento da reciclaxe nos catro últimos anos segundo difundiu a Deputación de Pontevedra debido a que en moitos fogares da provincia aínda non se realiza unha separación dos residuos domésticos para a recollida selectiva posterior nos contedores.

Contedores de reciclaxe

Dende 1998, a progresión no aumento da reciclaxe foi evidente. En 1998 reciclábase un 4.5% a nivel nacional, en 2013 un 71% e en 2020 debería situarse no 80%. Pero o material que vai para os contedores azuis e amarelos supón un 14% do total, que indica que se recupera un 10% do que se xera nos fogares. Segundo dixo Louzán, o presidente da Deputación, canto máis reciclemos e separemos o lixo, melloraremos o nivel de vida dos cidadáns, axudaremos a un mundo sostible e reduciremos os gastos das familias.

A provincia de Pontevedra xera 500.000 toneladas de residuos urbáns e a taxa de reciclaxe é só de 7.5% sobre o 10% nacional. Subir o índice a un 14% suporía un aforro nos gastos de xestión da basura en tres millóns de euros ao ano. Con ese obxectivo de aforrar cartos, a Deputación anunciou que iniciarán unha campaña específica na provincia de Pontevedra para intentar incrementar os índices.

Recicla, reutiliza e reduce por un mundo mellor e sen contaminación.


 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta