Vacas mochileras contra o quecemento global

Así é, as vacas, como todos os herbívoros, son grandes productoras de metano. Eso débese a que no proceso polo cal a vaca dixire e aproveita os nutrientes contidos no forraxe créanse varios gases no interior dos intestinos do animal, entre eles o metano, que logo expulsa á atmosfera en forma de flatulencias.

Os gases emitidos polas vacas, que son as maiores productoras de metano do mundo, son, en parte, responsables do efecto invernadoiro. Cada vaca, produce a diario entre uns 3 ou 4 litros de gas metano en total, entre 1000 e 1500 litros ao longo dun ano, se multiplicas isto polo número de vacas que hai no mundo, e estimase que hai un total de máis de mil millóns e medio, daraste conta de que contribúen con un 5% ao total dos gases que causan o quecemento global.

Durante anos, limos que o CO2 é o responsable do efecto invernadoiro, así que, porqué é tan perigoso o metano?. Certa cantidade de metano na atmosfera é algo normal, e de feito, é ata bo, o problema está cando esas cantidades sobrepasan o adecuado, xa que, agás de que o metano permanece menos tempo na atmosfera ca o CO2 (12 anos frente a 100), é quen de absorver 24 veces máis calor ca o CO2, o que fai aumentar a temperatura do planeta perigosamente.

No Perú, as emisións de transporte por consumo de combustibles son as máis contaminantes, ocupando un 40% do total, estas, chegan a 9938 Gg CO2 eq por ano. En cambio, a fermentación entérica a través da dixestión de animais é de 10410 Gg CO2 eq. Resumindo, que o gas metano que produce nun ano o ganado vacuno, equivale ao consumo de 1.167.040 galóns de gasolina. Según investigadores do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria de Arxentina, o metano que emite unha vaca ao día podería por en funcionamento unha nevera de 100 litros de capacidade a unha temperatura de entre 2 e 6 grados durante todo o día.

Según o Ministerio de Medio Ambiente de España, O 5,75% dos gases do efecto invernadoiro liberados ao aire en España no 2005 tuvo o seu orixe  no ganado. A nivel  mundial, o gas metano produce o 37% da contaminación que chega á atmosfera. Estudos científicos, indican que para o ano 2030 a produción de metano por parte do sector gandeiro aumentará un 60%, a menos que freemos este efecto tan nefasto.

Hai dúas solucións coñecidas e factibles para reducir estas emisións letais. A primeira, é alimentar ao ganado con gran, en vez de con forraxe. Este cambio, faría que o animal tivese unha dixestión máis sencilla e que emitise menos gases. O Instituto Vasco de Investigación e Desarrollo Agrario e CEMITEC (Centro Multidisciplinar de Tecnoloxías para a Industria) están a investigar o uso da semente de colza para reducir a emisión de gases con efecto invernadoiro. Un dos obxetivos deste proyecto é demostrar que os rumiantes que incluen colza na súa dieta alcanzan diminucións superiores ao 10% na cantidade de metano que expulsan.

A segunda solución, consiste en recolectar o gas metano antes de que sexa expulsado á atmosfera e utilizalo para producir diversos tipos de enerxía. Para que o entendades mellor, aquí tendes un video que o explica detalladamente.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.