DESASTRES NAS AUGAS DO RÍO UMIA

O pasado verán, a finais do mes de Xullo, detectouse unha importante cantidade de peixes mortos nos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados. Os técnicos da Conservación da Natureza, os dependentes da Conselleria de Medioambiente e os axentes de Seprona, abriron unha investigación para exclarecer si o dano producido no río foi a causa dun vertido nos arredores da vila de Caldas.

w

Posteriormente, os resultados obtidos dos análisis recollidos exclareceron que a mortandade dos peixes non foi debido a un vertido senón que a unha enfermidade que se extendeu polas condicións propias desta estación como son o baixo caudal e as altas temperaturas da auga.

Outro suceso acontecido este verán foi a aparición dunha especie de alga invasora no cauce do río. Apareceron nun dos tramos urbanos do río Umia na vila de Caldas, donde entrenan os deportistas do Náutico Umia e donde se baña a xente. Os veciños desa zona cansos dos problemas causados polas algas, fixeron unha recollida de firmas para solicitar a retirada das mesmas. O proceso en cuestión no e tan sinxelo como parece xa que este pode dar lugar a extender a invasión pola propagación das sementes no medio sendo necesario que sexa realizado por empresas especializadas.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta