Dependencia de enerxías non renovables en España

España é un bo lugar para poñer a proba as enerxías renovables, pero carecemos deses recursos enerxéticos e dependemos das enerxías non renovables.

Untitled-2

Un dos problemas do noso país é que as nosas enerxías primarias máis utilizadas son as fósiles, que cada ano, hai un 3,5% máis de demanda, esto créanos dependencia, xa que debemos importalas dende outros países. Por exemplo,  aínda que na nosa terra existan 9 refinerías repartidas, estas, non abastecen tanto consumo.

Informes de Unión Europea expoñen que España triplicou o consumo de Gas Natural nos últimos anos, e propoñen, que a solución sexa desconectar o gas da xeración das enerxías, xa que si non o tivésemos, non apostaríamos por el. A UE tamén nos cualifica con malas opinións respecto a outros países europeos.

Por outro lado, para poñer en marchas as enerxías renovables é necesario unha gran inversión de cartos, pero ó longo prazo serían todos beneficios. Ademáis nos temos moitas características positivas para o desenvolvemento destas.  Aínda que tampouco podemos decir que non utilicemos ou que éstas non avanzaran nos últimos anos:

  • Hidráulica: a evolución desta nas últimas décadas foi case sempre crecente.
  • Eólica: nalgúns anos como no 2009, a xeración da eólica foi maior á de carbón.
  • Solar: acadou abastecer case o 5% da demanda de enerxía eléctrica.
  • Geotérmica: España conta con espazos donde a temperatura é moi alta, causada polo vulcanismo, como son as Illas Canarias.

grafico_geotermia-01-01

Se nun futuro conseguísemos que as enerxías renovables abastecesen toda a demanda de enerxía que necesita o país, tamén conseguiríamos que os niveis de contaminación baixasen, porque este tema tamén está en perigo xa que as enerxías non renovables contaminan moito máis que as outras, iso provoca que o noso medio ambiente empeore dunha forma brusca e faga desaparecer bastantes especies de flora e fauna.

contaminacion-madrid

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta