O océano, o gran amigo obrigado a destruírnos

Por sorte esta imaxe é unha  montaxe, pero,  por canto tempo o poderemos asegurar?

A día de hoxe sabemos  que o cambio climático é unha ameaza máis que evidente, mais, como afecta isto ós océanos?

Os océanos foron os nosos “gardaespaldas” durante moito tempo, pero todo ten un límite e o destas grandes masas de auga parece inminente.

Os océanos absorben máis do 90%  do exceso da calor das nosas emisións de gases, mentres que a atmosfera tan só reten o 1%; ademais os océanos absorben unha cuarta parte das nosas emisións de CO2, o que causa a acidificación dos océanos, esta aumenta a velocidades sen precedentes dende hai 300 millóns de anos.  Este proceso causa grandes problemas nos ecosistemas mariños, sobre todo, nas especies calcáreas, xa que esta acidificación non permite o desenrolo das súas cunchas. Este proceso tamén damnifica o placton, que é a base de cadea alimenticia de moitos animais. Tamén se ven gravemente afectados os arrecifes de coral , que son fundamentais para a creación de biodiversidade mariña, pois serven como lugar de refuxio,desove e fonte de alimentación para moitas especies mariñas.

Aínda que a acidificación é un gran problema, o que afecta máis directamente a poboación mundial é o aumento do nivel do mar.

Segundo un novo estudo da NASA o aumento do nivel do mar no último século foi duns 23 centímetros, pero sen embargo, en tan só 23 anos o nivel do mar subiu oito centímetros. Este incremento non é uniforme en todo o planeta, en zonas detectouse un aumento de máis de 25 centímetros mentres que noutras,  houbo un pequeno descenso no nivel do mar.

Este aumento no nivel do mar debese á expansión térmica das augas oceánicas e ó derretemento veloz do xeo  terrestre.


Pero, que consecuencias ten para os seres humanos?

Se este aumento no nivel do mar non para, as consecuencias poden ser devastadoras, sobre todo nas zonas costeiras, nas que habitan uns 150 millóns de persoas; a auga penetraría na Terra cambiando a liña costeira que coñecemos actualmente, e inundaría todo o que se encontrara ó seu paso obrigando á poboación a mudarse a outras zonas. Ademais as illas de pouca altitude quedarían completamente sumerxidas.

Incluso pequenos incrementos do nivel da auga de forma moi rápida, tal e como se está a producir na actualidade, poderían ter consecuencias catastróficas de diversa índole como por exemplo inundacións de humedais, contaminación de acuíferos e do chan agrícola, fundamentais neste momento para a estrutura actual da sociedade, e  tamén suporía a pérdeda do hábitat de peixes, paxaros e plantas.


O océano que ata este momento foi quen de xerar e manter a vida e o equilibrio da natureza,  pode chegar, grazas a nosa incapacidade de entender o destrutivos que estamos sendo coa contaminación que xeramos,  a destruíla. Sería un inimigo que non poderíamos vencer

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta