Por desgraza a cantidade de residuos contaminantes que as persoas arroxamos ao medio terrestre en lugar de diminuir prosegue aumentando diariamente mediante industrias, vehículos, residuos órganicos que nos mesmo arroxamos ao medio,… E isto non só repercute exclusivamente na capa de ozono ou na nosa propia saúde senon que tamén en todo o medio terrestre e moi directamente no resto de seres vivos que o habitan.
Pois día a día millóns de animais vense perxudicados polos efectos directos ou indirectos da contaminación producidos polo ser humán, por exemplo, a contaminación das augas, cambios bruscos na temperatura e do pH produce mortes masivas dos animais que viven nelas.
A contaminación destas augas ven producida principalmente por produtos químicos, microorganismos, augas residuais e tamén residuos industriais. E por mor de todo isto nos ríos están morrendo grandes cantidades de peixes.
Un dos ríos máis afectados pola contaminación das súas augas e o río Danubio que nace na Selva Negra en Alemania e desemboca no Mar Negro en Rumanía, onde se están a producir moitas mortes de especies que habitan nelas, polas causas comentadas anteriormente. Según un informe elaborado polo Departamento de Limnoloxía e Oceanografía da Universidade de Viena, dí que o Danubio transporta cada día de la media unhas 4,2 toneladas de residuos ata o Mar Negro e tamén presenta unha concentración de residuos superior a dos peixes que habitan nel. Un dos puntos onde máis se concentran residuos e no tramo de Austria ata Eslovaquia, que transporta de media 317 partículas de plástico e 275 crías de peixes por cada 1.000 metros cúbicos. A gran contaminación do Danubio é por plástico e ven causada pola cercanía das empresas de produción do plástico. As crías de peixes, insectos e paxaros confúnden os residuos con alimentos, e a súa inxesta pode provocar intoxicacións mortais. Pero non só os animais son perigosamente prexudicados, o Danubio durante os seus 2.800 quilómetros, transcorre por dez países e con toda a súa área de influencia indirecta alcanza 19 países e un total de 80 millóns de persoas.
Unha das propostas da Comisión Internacional para a Protección do Río Danubio é usar bolsas de tea para reducir a presenza do plástico no río, ademais de multar a quen contamine. Aínda así, Keckeis apela á colaboración cidadá para diminuír radicalmente o consumo de plástico, que conseguiu acabar coa cor azul que caracterizaba o Danubio.
Na miña opinión os datos anteriormente reflexados non son máis que meras cifras númericas e non amosan a realidade do que se agocha detrás , pois ben se os gobernos quixesen realmente podrían rematar co rumbo desta catástrofe medioambiental ou cando menos freala en gran porcentaxe, poñendolle uns requisitos e uns limites as empresas que danan o medio ambiente.
Fontes utilizadas: veoverde, lavanguardia e wikipedia.