AUGA SALGADA vs. DOCE

Hai quen di que o noso planeta ademais de coñecerse como “o planeta azul”, debería ser coñecido como  “o planeta de sal” xa que o 97% da auga que hai na Terra trátase de agua salgada.

Só o 3% da auga é doce

-O 2,24%  atópase ou conxelada nos casquetes polares e glaciares ou en forma de auga súbterranea.

-O 0,26% da auga restante é a que nós consumimos, e atópase en ríos, lagos e acuíferos de pouca profundidade

 

 

 

 

 

 

Pero, nunca vos preguntachedes por qué o mar é salgado se a auga da chuvia é doce? e máis aínda, que diferencia hai entre a auga da chuvia que cae sobre os ríos e a auga que cae sobre o mar? acaso non é a mesma?

Cando o planeta Terra comezaba a formarse había erupcións volcánicas que traían consigo grandes cantidades de diferentes elementos químicos. Estos elementos son máis pesados que o vapor de auga que os expulsaba ata a superficie terrestre, polo que  quedaron depositados entre as rochas. Co paso dos anos,  esta acumulación de elementos pesados deu lugar á formacion dos continentes, nos que a chuvia caía e arrastraba ao seu paso o sal e o resto de elementos químicos solubles en auga que se atopaban depositados entre as rochas, levándoos hacia os mares e continentes.

A pesar de que o planeta formouse fai millóns de anos, o proceso de salinización da auga non foi interrumpido en ningún momento, xa que ademais da sal que continúan arrastrando os torrentes de chuvia hacia os mares e océanos, o proceso de salinización tamén se produce cando a agua do mar fíltrase polas grietas das aberturas existentes no propio fondo mariño.

6400-1405676561

 

Por outro lado, a auga dos ríos non é doce na súa totalidade, se non que hai unha pequena cantidade de sal, só que apenas é perceptible. Isto débese a que as correntes dos ríos disolven moitos elementos ao estar en continuo movemento e os arrastra, polo que a cantidade de sal é mínima.

 

fon_rios1

En conclusión, a resposta xeral de por qué o mar é salgado, está na relación que se establece entre a composición  do seu solo e a  orixe dos continentes formados como consecuencia das erupcións volcánicas .

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , . Garda o enlace permanente.