Herbicidas Naturais?

306_IFFP_fotonoticia_20151203123133_1280

Investigadores do departamento de Química Orgánica e Enxeñería Química da Universidade de Cádiz (UCA), obtiveron posibles herbicidas naturais a partir dunha serie de compostos químicos presentes nas follas do xirasol (Helianthus annuus).

Os xirasoles crean nas suas follas gracias a unhas glándulas chamadas tricomas estos compostos químicos. Estes compostos normalmente caen polas follas ata o solo evitando que outras plantas medren ao seu arredor, para extraer estos compostos os científicos crearon as condicións óptimas de choiva e temperatura en laboratorios. Posteriormente engádese auga para facilitar a extracción destes compostos químicos.

Agora mesmo están centrados na formulación do herbicida, é decir, cando aplicalo, en que momento da mala herba e a súa dose. Os investigadores amosaron que tamén se podería aplicar no ámbito sanitario como bactericidas o antifúnxicos.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta