Lento pero seguro ó seu paso, o mar está comendo á Terra.

E se o mundo se converte na nova Venecia?

Nos últimos anos, a IPCC (grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático)  estivo facendo varios estudos sobre o nivel do mar e como este se ve afectado polo quentamento global e conseguiron uns datos incríbles.

Baseandose na información que recolleran, predixeron que cara o ano 2100 o nivel do mar sería entre 20 e 45 cm maior do seu nivel actual.

Cada ano que pasa o mar está ocupando máis e máis espazo , xa que o seu aumento veuse acelerado no que vai de siglo e a sua media anual é de case 4 milímetros (algo máis do doble da media do siglo pasado). Este aumento ven introducido por diversos factores:

– A queima de combustibles fósiles (entre outras actividades humanas e naturais) desprenderon grandes masas de gases que atrapan o calor que entra na Terra, polo tanto a temperatura sube progresivamente, e os océanos vense afectados xa que absorben case o 80 por cento desta calor.

– A dilatación térmica: A auga quéntase e dilátase , é decir, estes pasan a ocupar un maior espazo

– A fusión dos glaciares e os casquetes polares: No siglo pasado a sua fusión era compensada polas fortes nevadas do inverno, pero nos últimos anos (debido á subida da temperatura causada polo quentameto global) este proceso está moi desequilibrado, xa que a primavera adiántanse e os invernos atrásanse.

– Perdida de xeo en Groenlandia e a Antártida: Tamén se ve afectado polo aumento da temperatura. As enormes placas de xeo levan tempo derretindose, pero non pola sua parte superior se non pola base, o que provoca a debilitación destas e a sua fractura polo que é máis fácil a sua fusión.


 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta