O lixo que non vemos dos cruceiros

O término cruceiro aplícase a aquelas naves ou barcos que son acondicionados para realizar largos viaxes e brindar un sinfín de servizos ós pasaxeiros que os abordan. Viaxar en cruceiro é unha das cousas que desexamos facer ó longo da nosa vida, e cada ano mais xente disfruta deste tipo de turismo aínda que ten un prezo moi elevado

          crucero

Son xigantescas cidades flotantes, pero cidades sucias. Un informe, da organización Oceana, describe os problemas relacionados co mediambiente que xenera un cruceiro de grandes dimensións. Calcúlase que unha nave con capacidade para 2.000 ou 3.000 pasaxeiros pode chegar a xerar cada día 1.000 toneladas de residuos.

Esta cantidade representa unha xeración de polo menos uns 300 litros de augas grises ( éstas proveñen da cociña, por exemplo do lavalouza ), 40 de augas negras (aquelas que proveñen do inodoro ), 10 de sentinas ( augas oleosas que conteñen aceites que proveñen dos motores do barco ), 3,5 kilos de lixo. Según o informe de Oceana cerca duns 18 millóns de toneladas de residuos foron xerados en 12 meses por todo-los cruceiros do mundo. 

Engádese a este impacto a gran cantidade de combustible que consumen os cruceiros, que pode ser igual ó duns 12.000 vehículos. E a todo isto temos que sumarlle que o combustible empregado é cincuenta veces máis tóxico que o habitual. Ademáis nestes barcos incinéranse todo-los lixos ( plásticos e papeis ) o que produce gran cantidade de fume, o cal temos que engadir ó que xeran os motores.

Tan terrible impacto podríase arranxar moi fácilmente. No momento que os consumidores esixamos un estricto compromiso mediambiental, os cruceiros serán un exemplo de sostibilidad ecolóxica.

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta