Unha bolboreta europea atópase ameazada nalgúns países.

A bolboreta Papilio Machaon (máis coñecida como Macaón) é unha das bolboretas máis bonitas a nivel mundial. Caracterizase polas súas cores amarelo crema e negro cunhas pintas vermellas na cola de anduriña (chamada así porque seméllase á do paxaro). Esta especie de bolboreta está localizada por toda Europa e noroeste de África, en Oriente Medio e Próximo Oriente. Tamén atoparonse na zona temperada de Asia hacia o Himalaia e Xapón, e en distintas partes de América do Norte onde hay subespecies diferentes.

A pesar de que está extendida por toda Europa e é moi común na Península Ibérica, non se atopa nin en Inglaterra nin en Irlanda debido o cambio climático,pero dende fai algunhas decenas de anos tende a desaparecer na rexión Europa central e Austria, debido a o uso de pesticidas nos cultivos de zanahoria, prixel e fiuncho dos que se alimentan e a desaparición de pradarías e bosques nos que habitan. Actualmente atópanse en 40 países de Europa, pero se continua o uso dos pesticidas,a desaparición do seu hábitat podería chegar en dúas décadas nos países que actualmente non se atopa ameazada.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.