Será verdade iso de que estamos acabando co planeta Terra? Pois parece ser que si. A principios de decembro do pasado ano 2015, a Cume do Clima de París comezou a reunirse para dar cunha solución a un grave problema, o quecemento global.
O día 12 de decembro do 2015 a Cume do Clima de París aprobou o primeiro acordo universal da loita contra o cambio climático, no cal están implicados cerca de 200 países, tanto desenvolvidos como en vías de desenvolvemento, comprometense de maneira histórica a camiñar xuntos cara unha economía baixa en carbono.
Con este acordo queren intentar conseguir a reducción de gases de efecto invernadoiro, e lograr que o aumento da temperatura se manteña moi por debaixo dos 2ºC, así como tamén se comprometen a esforzarse para limitar o aumento das temperaturas a 1´5ºC en comparación a era pre-industrial.
Os principais puntos do acordo son:
- Aumento da temperatura global, menor os 2ºC.
- O acordo é legalmente vinculante para os paises firmantes.
- Fondos cercanos os $100.000 millóns para países en desenvolvemento, a partir de 2020.
- Revisarase cada 5 anos.