AEROXERADORES SEN PALAS?

Actualmente podemos diferenciar 2 tipos de enerxías; as renovables e as non renovables. Cando falamos de enerxías renovables non podemos evitar mencionar a eólica. A enerxía eólica, como todos sabemos, provén da forza que fai o vento ao xirar as enormes turbinas dos aeroxeradores que estarán colocados nas zonas nas que abunda o vento. Desgraciadamente, estes xeradores presentan varios inconvintes como contaminación acústica, a desaparición da fauna onde se atopan (especialmente a desaparición das aves a causa das grandes aspas), gran custo de mantemento… co cal gañarían moito si non tivesen aspas, pero e isto posible?

Modelo da meseta castelá

Os aroxeradores sen aspas son unha clase de muíños que coa producción de vórtices de Von Kámán (forza do vento) fai que estes aparello oscilen e transforme a enerxia deste fluido en enerxía de materiais sólidos a través duns imans, e dicir, que se basa na magnitude física da vortacidade. A súa estructura é moi sinxela, rixida e lixeira. O corpo consta dunha varilla rodeada por un cono e sua base dous anillos concéntricos de imans que se atraen e repelen cando o corpo oscila sendo o que pon en marcha o alternador lineal (é o que transforma a enerxía do cono en enerxía eléctrica).  En comparación os habituais muíños, estes aparellos teñen numerosas ventaxes e practicamente ningún inconvinte; caben mais muíños en menos espazo, os custos de mantemento diminuen, non hai contaminación acústica, xa que cando oscilan non fan ruído, non provocan a morte da aves ó chocar contra as súas pas, son mais eficientes…

Esta idea surxe no 2002 cando o enxeñeiro David Yáñez comezou a darlle voltas ó
derrumbamento da ponte de Tacoma. Esto doulle unha idea moi sinxela que consistía na construcción dunha estructura que apoiada en diferentes leis físicas permitise pasar a enerxía dun fluído a un material sólido sen necesidade de engranaxes e forzas de rozamento. O seu desarroio comeza nun garaxe. No 2011 faise en miniatura cun túnel de vento e por último con modelos mais grandes na meseta castelá. Actualmente Yáñez co apoio de Raúl Martín (un ex compañeiro) e da empresa Voretex Bladeless esperan un primeiro lanzamento en 2016 deste producto.


BIBLIOGRAFÍA:

http://www.ecoportal.net/Eco-Noticias/Molinos-sin-palas-Una-alternativa-de-energia-mas-respetuosa-con-las-aves

http://blogs.20minutos.es/cronicaverde/2015/06/16/ingenieros-espanoles-inventan-aerogeneradores-sin-palas/

http://www.elmundo.es/ciencia/2015/06/16/557f178322601d2e518b45a5.html

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta