Fraude Tóxico

VW_Golf_TDI_Clean_Diesel_WAS_2010_8983

Cada día  inténtanse crear novas tecnoloxías que poidan solucionar o gran problema da contaminación pero nalgunhas ocasións a realidade de todo isto e outra moi distinta… Hoxe en día a contaminación está sendo moi importante polo crecente  aumento da mesma que provoca graves efectos sobre o medio terrestre. Pero a realidade é outra pois o fraude do ano foi protagonizado pola prestioxosa compañia automobilística alemá Volkswagen posto que esta cometeu un fraude  que afectou a millóns de vehículos e non só a vehículos senón a propia Terra.

Martin Winterkorn, presidente de Volkswagen

Volkswagen está sendo investigada por instalar nos seus vehículos de gasóleo un programa informático para evitar as limitacións de emisións, os vehículos afectados poden emitir ata 40 veces máis emisións contaminantes que os niveis  que estipula a normativa da Agencia de Protección Ambiental de EEUU,  foron afectados todos os vehículos do Grupo Volkswagen e as súas marcas afins que incluén Audi, Bentley, Bugatti, Lamborghini, Porsche, SEAT, Škoda e Scania,todas elas marcas coñecidas e moi vendidas.
arton24487

O castigo que lles foi imposto será unha aportación monetaria mediante unha multa dunha  elevada cuantía de diñeiro, pero por desgraza a Terra non leva unha solución, posto que o único que recibiu foron consecuencias negativas todas elas provintes dunha estratexia por parte do Grupo Volkswagen sen máis fin que unha maior recaudación mediante a reducción dos custos de producción, sen o máis mínimo reparo nos grandísimos efectos negativos que esto conlevaría para o medioambiente.

56052244eca95.r_1443177104722.0-107-800-519

Tras o descubrimento de semellante escándalo de tan grandísima repercusión todos deberíamos tomar una maior concienciación sobre os feitos que realizamos día a día e non darlle importancia só ao monetario como fixo a compañía Volkswagen, senón tamén aos feitos medioambientais concienciándonos do risco destes para o medio terrestre e para todos nós,  xa que afectan gravemente a saúde de todos os habitantes do medio terrestre e a este en sí.


 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta