Mencíñas no río

Río-Sar

Fai pouco, un estudo realizado por varias universiades en concreto duas galegas, a Universidade de Santiago e a da Coruña, detectaron unha alta contaminación no río Sar. A análise desta auga demostrou que contíña grandes cantidades de ibuprofeno e outros medicamentos como o atenolol. Un dos profesores deste estudo dinos que o río Sar podería ser un dos máis contaminados de toda Galicia.

Aínda que soe ser habitual encontrar restos químicos e farmacéuticos, as altas porcentaxes de contaminación por parte de Ibuprofeno e atenolol son un risco para a poboación, xa que tamén se encontraron metais pesados. .

As advertencías que fai este estudo sobre a contaminación no Sar, coinciden co Plan Hidrolóxico Galicia Costa 2015-2021 que alerta sobre o mal estado deste río, aínda que neste caso analizando só restos orgánicos.

De seguir así as especies deste río localizado na Coruña veríanse afectadas e teríanse que tomar medidas urxentemente para procurar manter as nosas especies autóctonas e os nosos ríos limpos

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta